Páxina web do maratón de Fútbol Sala de Outes, día 6,7 e 8 de xaneiro
 



BASES MARATÓN DO CRUCEIRO
DE ROO.

INTRODUCCIÓN:
No seguinte documento exponse as normas básicas de regulamento do Maratón de Fútbol Sala que
se disputará no Cruceiro de Roo o vindeiro 6,7 e 8 de xaneiro.
Existe un máximo de 24 plazas para a disputa deste maratón, dividos en 8 grupos de 3 equipos cada
un, polo que cada equipo inscrito disputará cando menos 2 partidos. Só se clasificarán os primeiros
de cada grupo.
PUNTO 1: O reglamento de xogo do campeonato.

O regulamento corresponderá co da Federación Galega de Fútbol Sala, que podedes consultar na
súa páxina web. Salvo excepcións que se puntualicen nos seguintes puntos deste regulamento
.
PUNTO 2: Normas básicas de comportamento

Presentase unha listaxe de acción que serán consideradas graves e que impedirán que o xogador
perda o dereito a seguir na competición.
  1.  Estar baixo os efectos de drogas e alcohol no momento do partido.
  2.  Falta de respecto aos arbitros, compañeiros, contrarios ou publico que asista ao encontro.
  3.  Non respectar o material que se facilita.
  4. Non respctar as decisións tomadas pola organización.
PUNTO 3: As tarxetas.
● Tarxeta amarela: doble cartón amarela significa expulsión do encontro. Os cartóns non son
acumulables por partidos. O equipo arbitral decidirá se se cumple sanción con partidos, e se
existe sanción será publicado.
● Tarxeta vermella: sobre cartón amarela segnifica vermella. N O equipo arbitral decidirá se
se cumple sanción con partidos, e se existe sanción será publicado. Un cartón vermello
significa a expulsión inmediata do encontro a disputar.
PUNTO 4: O partido
  •  Para comenzar un partido é necesario que haxa 4 xogades como mínimo por cada equipo.
  •  Os xogadores deberán presentar o DNI no primeiro partido da primeira rolda para realizar un control da asistencia.
  •  Non poderá disputar un partido aquel xogador que non fose anotado previamente. Sendo así o equipo contrario gañaría 3-0 o encontro.
  • Cada equipo debe ter unha equipación igual, e numerada correctamente.
  •  Cada equipo poderá inscribir un máximo de 12 xogadores.
  • O partido terá unha duracción de 40 minutos a tempo corrido, cun intermedio de 3 minutos, en cada parte de 20min. Podendo cada equipo pedir un tempo morto de 30 segundos en cada parte.
  • Pararase o tempo se nos últimos 2 minutos da segunda parte o resultado é moi axustado: un empate ou unha victoria por menos de dous goles de diferenza.
PUNTO 5: O empate
No caso de empate na liguilla primarán as seguites datos, por orde de lista aquí mencionados:
  1.  Balance de goles a favor e goles en contra.
  2.  Goles a favor.
  3.  Goles en contra.
  4. Equipo con menos tarxetas recibidas.
  5.  Sorteo coa presenza dos dous delegados.
No caso de empate dun partido en oitavos, semis e final xogarase unha ronda de penaltis. Primeiro o mellor de 3 e logo a morte subita.
PUNTO 6: As tardanzas.
  1.  Só se esperará como máximo por un equipo 15 minutos.
  2.  Cada cinco minutos de espera suporá un gol en contra do equipo que se retarde máximo 3 goles.
PUNTO 7: O seguro
A organización non se fai responsable das lesións que se produzan no campionato. Polo que en caso
de lesión debese acudir ao servizo médico habitual, xa que se trata dun campeonato sen licenza
federativa.
PUNTO 8: O delegado
  1. E o responsable do equipo ante a organización.
  2.  Pode ser un xogador de campo.
  3.  É o encargado de inscribir ao equipo e de recoller o premio en metálico.
  4.  Debe transmitir aos xogadores todas as decisións que tome a organización.
  5. Poderá reclamar ante a organización se non esta de acordo coas decisións tomadas por esta.
  6. É a única persoa do equipo que pode cuestionar decisións arbitráis, con respecto e coas formas adecuadas.
PUNTO 9: A Inscripción

  1.  Cubrir a folla de inscripción que aparecerá na páxina web do maratón: www.maratonoutes.es.tl, mediante correo electronico solicitandoa ao maratonoutes@gmail.com ou descargandoa da páxina web nun formato word. Tamén a podes solicitar a organización nun impreso.
  2. Pagar a inscripción de 50€, pago en métalico ou se o prefires mediante un ingreso a conta bancaria que te facilitaremos mediante correo electronico ou que aparecerá nos carteles. Deberás poñer no asunto o nome do equipo e o DNI do delegado.
PUNTO 10: A INFORMACIÓN.
Toda información: Día do sorteo e reunión, horarios, resultados, clasificados na nosa páxina web: www.maratonoutes.es.tl
 

Recorda que o prazo de inscripción finaliza o 2 de xaneiro.

Límite de plazas 24 equipos!!
Hoy habia 1 visitantes (3 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis